DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

lunes, 31 de octubre de 2011

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

Debido aos recortes e o desprestixio que vimos padecendo na educación pública, e como medida de protesta, o Claustro do CPI A Xunqueira, decidiu suspender todas as actividades previstas para este curso 2011-2012.
Esta medida afecta directamente á materia de Educación Física na que tiñamos programadas as seguintes activdades:
  • Rafting.
  • Viaxe á neve.
  • Sendeirismo (1º eso)
  • Acampada (2º eso)
  • Carreira de orientación (3º eso)
  • Xornada de multiaventura (4º eso)
O principal motivo é a imposibilidade de realizar estas actividades por falta de profesorado. Compre ter en conta que para calquera saida fan falta un mínimo de dous profesores/as e que ditas actividades son un complemento, creemos moi importante, na formación dos noso alumnado, pero que o profesorado fai voluntariamente e de forma desinteresada.
Agardando unha rectificación e cambio de actitude por parte da Administración, seguiremos traballando para dar unha EDUCACIÓN PÚBLICA DE CALIDADE, que é a única garantía da igualdade de oportunidades na formación dos nosos rapaces e rapazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario