DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

miércoles, 8 de octubre de 2014

CARTA DUN RUGBIER A CRISTIANO RONALDO

O pasado mércores, Cristiano Ronaldo, recibiu unha patada no talón de Aquiles, por parte dun xogador do Ludogorest, sen posibilidade de xogar o balón. O finalizar o partido, o xogador do R. Madrid, declarou que, "parecía un partido de Rugby".
O seguinte enlace é unha carta aberta dun xogador de Rugby a Cristiano. Nela, a parte das pertinentes aclaracións, atopamos unha recopilación do que, dende o noso Departamento de E.F., entendemos por DEPORTE: compañerismo, respecto ó árbitro, aos compañeiros e adversarios, xogo limpo... Todo eso do que carece o Fútbol.
Desfrutade da sua lectura!


lunes, 15 de septiembre de 2014

INICIO DO CURSO 2014-2015


Ola a todos/as:
Benvidos/as a este novo curso 2014-2015. Agardamos que tiverades unhas boas vacacións e teñades as baterias a tope.
Esta tempada, imos afrontar novos retos dende o Departamento de Educación Física, introducindo contidos diferentes que, agardemos, sexan atractivos para todo o alumnado.
Máis abaixo tedes, como sempre, un enlace, que empregaremos nos primeiros días de clase para introducirnos nos contidos da materia e ver o que imos traballar, como son as normas básicas e a forma de obter unha calificación positiva.
Como ben sendo habitual animamos a todo o mundo, non só alumnado, a visitar este blog e os seus contidos.
Un saúdo a todos/as. En especial ao alumnado que empeza novo!
Enlace: PRESENTACIÓN E.F.

jueves, 17 de abril de 2014

Inicio da 3ª avaliación

Ola a todos/as:
Como todolos anos xa estamos na recta final do curso, do que quedan algo máis de dous meses.
Para esta última avaliación temos preparadas unha serie de actividades para facer co noso alumnado. En primeiro ciclo, faremos actividade de sendeirismos e con segundo ciclo, orientación no medio natural. 
Ademáis desto, en 1º da ESO, centrarémonos no  Voleibol, en 2º da ESO no Badminton, en 3º da ESO, Aerobic e Ritmos latinos, en 4º da ESO, Roda Cubana e Ioga.
Coma sempre, na barra lateral, aparece un apartado, chamado 3ª avaliación, onde atoparedes toda a información necesaria nesta avaliación.
Un saúdo a todos/as.

viernes, 3 de enero de 2014

2ª AVALIACIÓN



Feliz Ano a todos/as:

Arrancamos a 2ª Avaliación, con algún troco con respecto a do ano pasado. O ser algo máis longa do habitual (adéntrase no mes de Abril), incluiremos nela, contidos que tradicionalmente tratábamos na 3ª Avaliación.

En 1º da ESO, logo de ver os deportes colectivos, de xeito global, centrarémonos, como xa é habitual, no Balonmán. Ademáis, veremos as Danzas do Mundo nesta avaliación.
En 2º da ESO, seguiremos traballando o Baloncesto, desta vez no eido da táctica individual e colectiva (visto xa aspectos máis técnicos na 1ª avaliación). Tamén daremos os Bailes de Salón, en concreto, Vals, Rumba e Cha-cha-cha.
En 3º da ESO, abordaremos a primeira parte do Acrosport e, no tocante a competición dos mércores, consistirá en partidos de baloncesto.
Por último en 4º da ESO, corresponde a segunda parte de Acrosport, así como unha introducción ó método Pilates.
Estamos traballando para levar a cabo a viaxe á neve. Logo de estudar as vosas propostas, xa temos claro que sería unha estancia de 3 días nunha estación cercana (León, Cantabria, Asturias...) e seguramente, no mes de marzo. Seguiremos informando.
Lembrade que na barra lateral, no apartado 2ª Avaliación, tedes toda a información referida os contidos, traballos, exames, etc, do voso curso, nesta avaliación.
Saúdos.