DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

miércoles, 28 de diciembre de 2016

INICIO 2ª AVALIACIÓN

Feliz Ano a todos/as:


Comeza a 2ª Avaliación, na que continuaremos, en todos os cursos con diferentes competicións deportivas nas que pretendemos potenciar o aprendizaxe cooperativo, así como a asunción de roles dentro do noso equipo; tanto á hora de organizar a competición, como cando somos xogadores/as.
En 1º da ESO comezaremos introducindo a U.D. "Campionato do Xogo dos 10 pases", como forma de adentrarnos un poco máis nos deportes colectivos, antes de afrontar na 3ª Avaliación o Campionato de Balonmán. Tamén veremos as Danzas do Mundo nesta avaliación.
En 2º da ESO, o campionato será de Voleibol. Tendo en conta que, na 1ª Avaliación, traballamos a técnica do volei, nesta farémolo co badminton.
En 3º da ESO, probaremos un deporte novo e pouco coñecido, o Ultimate. Trátase dun deporte de equipo, sen contacto nin árbitros; no que dous equipos enfŕontanse, co fin de, mediante pases, atrapar un disco volador detrás da liña de gol do outro equipo. Tamén faremos Acrosport, traballando por parellas.
En 4º da ESO, onde veremos a segunda parte de Acrosport, esta vez facendo unha coreografía grupal. O grupo escollerá un deporte e traballaremos aspectos técnicos para a súa mellora e así, na 3º avaliación facer un campionato.
Lembrade que na barra lateral, no apartado 2ª Avaliación, tedes toda a información referida os contidos, traballos, exames, etc, do voso curso, nesta avaliación.
Saúdos.