DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

miércoles, 13 de septiembre de 2017

Ola a todos/as:
Benvidos/as a este novo curso 2017-2018!
Logo das vacacións de verán, agardamos comezar o curso con ilusión e gañas de afrontar, todas as materias e a Educación Física en especial, a tope.
Neste curso imos continuar co traballo que iniciamos no ano anterior, para consolidar contidos e metodoloxías, que tiveron unha boa aceptación e funcionamento.
Como principal novidade, dentro do Departamento de E.F., impartiremos a asignatura de Promoción de Estilos de Vida Saudables, como materia de libre configuración en 1º da ESO.
Máis abaixo tedes, como sempre, un enlace, que empregaremos nos primeiros días de clase para introducirnos nos contidos da materia e ver o que imos traballar. Como son, as normas básicas ou a forma de obter unha calificación positiva.
Como ben sendo habitual, animamos a todo o mundo, non só alumnado, a visitar este blog e os seus contidos.
Un saúdo a todos/as. En especial ao alumnado que empeza novo!
Enlace: PRESENTACIÓN E.F.