DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

viernes, 10 de septiembre de 2021

Ola a todos/as:
Benvidos/as a este novo curso 2021-2022!
Logo das vacacións de verán, agardamos comezar o curso con ilusión e gañas de afrontar, todas as materias e a Educación Física en especial, a tope.
Neste curso tentaremos recuperar contidose prácticas anteriores a pandemia, sempre que a situación sanitaria o permita.

O Departamento de E.F., continúa impartindo Promoción de Estilos de Vida Saudables, como materia de libre configuración en 2º da ESO.
Máis abaixo tedes, como sempre, un enlace, que empregaremos nos primeiros días de clase para introducirnos nos contidos da materia e ver o que imos traballar. Como son, as normas básicas ou a forma de obter unha calificación positiva.

Como novidade teremos Edixgal en todos os cursos, polo tanto os contidos, materiais e actividades estarán aloxadas no EVA.

Un saúdo a todos/as. En especial ao alumnado que empeza novo!
Enlace: PRESENTACIÓN E.F.

lunes, 5 de abril de 2021

INICIO 3ª AVALIACIÓN

Ola a todos/as: 
Este ano a terceira avaliación será máis longa do habitual, pois normalmente queda máis reducida, pero non será así este ano.
Para esta última avaliación, temos preparadas unha serie de actividades para facer co noso alumnado. En primeiro ciclo, faremos actividade de sendeirismo tanot en 1º da ESO como en 2º da ESO;  e co segundo ciclo, carreiras de orientación, tanto en 3º da ESO como en 4º da ESO. Esto é así por mor de que no curso pasado, como xa é sabido non se puideron facer estas actividades.
Ademáis desto, en 1º da ESO, centrarémonos no  Balonmán e introduciremos o Parkour, en 2º da ESO no Badminton, en 3º da ESO, faremos Campionato de Baloncesto e Xogos Colaborativos, e en 4º da ESO, Shuffle Dance e un campionato de Baloncesto, que tampouco puidemos facer no curso anterior.
Coma sempre, na barra lateral, aparece un apartado, chamado 3ª avaliación, onde atoparedes toda a información necesaria nesta avaliación.
Un saúdo a todos/as.

miércoles, 6 de enero de 2021

Ola a todos/as:

Agardando que no 2021 vaiamos recuperando certa normalidade, seguiremos adaptando o noso traballo as recomendacións sanitarias. Para elo, ao igual que na 1ª avaliación faranse certas adaptacións nos contidos, co fin de minimizar os riscos.  Polo tanto,comeza a 2ª Avaliación, na que continuaremos, en todos os cursos, ben con diferentes competicións deportivas, nas que pretendemos potenciar o aprendizaxe cooperativo, así como a asunción de roles dentro do noso equipo, tanto á hora de organizar a competición, como cando somos xogadores/as; ou ben con unidades de mellora da técnica dun deporte, para afrontar con máis éxito o campionato na derradeira avaliación.
En 1º da ESO comezaremos introducindo a U.D. "Campionato do Xogo dos 10 pases", como forma de adentrarnos un poco máis nos deportes colectivos, antes de afrontar, na 3ª Avaliación, o Campionato de Balonmán. Tamén veremos as Danzas do Mundo, nesta avaliación.
En 2º da ESO, teremos unas sesións de mellora da técnica do badminton, para despois, na terceira avaliación, realizar o campionato. Tamén realizaremos a unidade de Introducción ao Aerobíc.
En 3º da ESO, traballaremos a técnica do baloncesto, no mesmo sentido que o badminton en 2º. Tamén faremos a unidade de Introducción ao Aerobíc.
En 4º da ESO, repartiermos o traballo entre o Campionato de Touch e a unidade de Ioga.
En PEVS, a avaliación está adicada completamente aos hábitos alimenticios.
Lembrade que na barra lateral, no apartado 2ª Avaliación, tedes toda a información referida os contidos, traballos, exames, etc, do voso curso, nesta avaliación.
Saúdos.