DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

domingo, 15 de septiembre de 2013

INICIO DO CURSO 2013-2014


Ola a todos/as:
Benvidos un ano máis os alumnos/as, en especial aos que empezan novos conmigo, pais, nais, titores/as e demás compañeiros/as e a todo o mundo en xeral, que teña a ben pasar a visitar este espazo, adicado a Educación Física na Secundaria do CPI A Xunqueira.
Como poderedes observar hai, relativamente poucos cambios, polo menos no aspecto do blogue, con respecto a anos anteriores; si, evidentemente, hai pequenos trocos na programación, que, de momento, ainda non está actualizada (tedes o enlace á do curso pasado). En próximas datas xa aparecerá actualizada para que todos/as a poidades consultar.
Como sempre, deíxovos un enlace, que empregaremos na clase para introducir os contidos e actividades que temos programadas para este ano e así vos poidades facer unha idea do que imos traballar.
Un saúdo a todos/as.
Enlace: PRESENTACIÓN E.F.

jueves, 4 de abril de 2013

3ª AVALIACIÓN



Ola a todos/as:
Parece mentira, pero soamente quedan algo máis de 2 meses de curso. ¡É increible o rápido que pasa o tempo!
Para esta última avaliación temos preparadas unha serie de actividades para facer co noso alumnado. En 1º da ESO, faremos escalada deportiva en rocódromo; en 2º da ESO iremos a facer unha ruta de sendeirismo; en 3º da ESO participaremos nunha carreria de orientación e en 4º da ESO, levarase a cabo unha actividade de multiaventura (rafting, kayak, rapel...). Agardemos que estas actividades, "compensen" a non realización da viaxe a neve, debido a que non chegamos o número mínimo de alumnos/as que se requerían para facer a saída.
Ademáis desto, en 1º da ESO, faremos Danzas do Mundo e Voleibol, en 2º da ESO, Bailes de Salón e Badminton, en 3º da ESO, Aerobic, Loita e Dinámica de Grupos e, en 4º da ESO, Roda Cubana e Ioga.
Coma sempre, na barra lateral, aparece un apartado, chamado 3ª avaliación, onde atoparedes toda a información necesaria nesta avaliación.
Un saúdo a todos/as.

lunes, 7 de enero de 2013

2ª AVALIACIÓN

Ola a todos/as e Feliz Ano:
Xa comeza a 2ª Avaliación que, coma sempre é algo máis curta que as outras dúas.
No primeiro ciclo (1º e 2º da ESO), centrarémonos en dous dos deportes colectivos máis populares e practicados no mundo, como son, o balonmán (1º da eso) e o baloncesto (2º da eso), que ocuparán toda a segunda avaliación.
No segundo ciclo (3º e 4º da ESO), coñeceremos que é o Acrosport en terceiro e ampliaremos coñecementos deste deporte en cuarto. Despois tocará bailar ritmos latinos (merengue, salsa e bachata) en terceiro da eso e coñecer unha das prácticas, de mellora da saúde e a condición física, máis de moda últimamente, como é o Pilates, en cuarto.
Estamos traballando para levar a cabo a viaxe á neve. Logo de estudar as vosas propostas, xa temos claro que sería unha estancia de 3 días nunha estación cercana (León, Cantabria, Asturias...) e seguramente, no mes de marzo. Seguiremos informando.
Lembrade que na barra lateral, no apartado 2ª Avaliación, tedes toda a información referida os contidos, traballos, exames, etc, do voso curso, nesta avaliación.
Saúdos.