DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

lunes, 31 de diciembre de 2018

Feliz Ano a todos/as:

Nesta segunda avaliación, deixaremos atrás o traballo de condición física para adentrarnos en contidos rítmicos. Continuaremos coa mellora de aspectos técnico-tácticos de diferentes deportes e coa competición deportiva.
En 1º da ESO comezaremos introducindo a U.D. "Campionato do Xogo dos 10 pases", como forma de adentrarnos un poco máis nos deportes colectivos, antes de afrontar na 3ª Avaliación o Campionato de Balonmán. Tamén veremos as Danzas do Mundo nesta avaliación.
En 2º da ESO, teremos unas sesións de mellora da técnica do badminton, para despois, na terceira avaliación, realizar o campionato. Tamén recuperamos a unidade de Bailes de salón.
En 3º da ESO, traballaremos a técnica do baloncesto, no mesmo sentido que o badminton en 2º. Tamén faremos Acrosport, traballando por parellas.
En 4º da ESO, onde veremos a segunda parte de Acrosport, esta vez facendo unha coreografía grupal. O deporte será o voleibol e  traballaremos aspectos técnicos para a súa mellora e así, na 3º avaliación facer un campionato.
En PEVS, a avaliación está adicada completamente aos hábitos alimenticios.
Lembrade que na barra lateral, no apartado 2ª Avaliación, tedes toda a información referida os contidos, traballos, exames, etc, do voso curso, nesta avaliación.
Saúdos.

jueves, 13 de septiembre de 2018

Ola a todos/as:
Benvidos/as a este novo curso 2018-2019!
Logo das vacacións de verán, agardamos comezar o curso con ilusión e gañas de afrontar, todas as materias e a Educación Física en especial, a tope.
Neste curso imos continuar co traballo que iniciamos no ano anterior, para consolidar contidos e metodoloxías, que tiveron unha boa aceptación e funcionamento.
O Departamento de E.F., continúa impartindo Promoción de Estilos de Vida Saudables, como materia de libre configuración en 1º da ESO.
Máis abaixo tedes, como sempre, un enlace, que empregaremos nos primeiros días de clase para introducirnos nos contidos da materia e ver o que imos traballar. Como son, as normas básicas ou a forma de obter unha calificación positiva.
Como ben sendo habitual, animamos a todo o mundo, non só alumnado, a visitar este blog e os seus contidos.
Un saúdo a todos/as. En especial ao alumnado que empeza novo!
Enlace: PRESENTACIÓN E.F.

domingo, 1 de abril de 2018

Ola a todos/as: 
Comenza a terceira avaliación que, estará cargada de diversas actividades e contidos, agaradamos moi interesantes.
Para esta última avaliación, temos preparadas unha serie de actividades para facer co noso alumnado. En primeiro ciclo, faremos actividade de escalada en 1º da ESO E sendeirismo en 2º da ESO;  e co segundo ciclo, carreiras de orientación en 3º da ESO e multiaventura en 4º da ESO.
Ademáis desto, en 1º da ESO, centrarémonos no Campionato de Balonmán e introduciremos o Parkour, en 2º da ESO no  Campionato de Badminton e Xogos Colaborativos, en 3º da ESO, faremos un campionato de Baloncesto e Actividades de Orientación, e en 4º da ESO, Roda Cubana e un campionato de Voleibol.
Coma sempre, na barra lateral, aparece un apartado, chamado 3ª avaliación, onde atoparedes toda a información necesaria nesta avaliación.
Un saúdo a todos/as.

lunes, 1 de enero de 2018

INICIO 2ª AVALIACIÓN

Feliz Ano a todos/as:

Comeza a 2ª Avaliación, na que continuaremos, en todos os cursos, ben con diferentes competicións deportivas, nas que pretendemos potenciar o aprendizaxe cooperativo, así como a asunción de roles dentro do noso equipo, tanto á hora de organizar a competición, como cando somos xogadores/as; ou ben con unidades de mellora da técnica dun deporte, para afrontar con máis éxito o campionato na derradeira avaliación.