DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

lunes, 1 de enero de 2018

INICIO 2ª AVALIACIÓN

Feliz Ano a todos/as:


Comeza a 2ª Avaliación, na que continuaremos, en todos os cursos, ben con diferentes competicións deportivas, nas que pretendemos potenciar o aprendizaxe cooperativo, así como a asunción de roles dentro do noso equipo, tanto á hora de organizar a competición, como cando somos xogadores/as; ou ben con unidades de mellora da técnica dun deporte, para afrontar con máis éxito o campionato na derradeira avaliación.
En 1º da ESO comezaremos introducindo a U.D. "Campionato do Xogo dos 10 pases", como forma de adentrarnos un poco máis nos deportes colectivos, antes de afrontar na 3ª Avaliación o Campionato de Balonmán. Tamén veremos as Danzas do Mundo nesta avaliación.
En 2º da ESO, teremos unas sesións de mellora da técnica do badminton, para despois, na terceira avaliación, realizar o campionato. Tamén recuperamos a unidade de Bailes de salón.
En 3º da ESO, traballaremos a técnica do baloncesto, no mesmo sentido que o badminton en 2º. Tamén faremos Acrosport, traballando por parellas.
En 4º da ESO, onde veremos a segunda parte de Acrosport, esta vez facendo unha coreografía grupal. O deporte será o voleibol e  traballaremos aspectos técnicos para a súa mellora e así, na 3º avaliación facer un campionato.
En PEVS, a avaliación está adicada completamente aos hábitos alimenticios.
Lembrade que na barra lateral, no apartado 2ª Avaliación, tedes toda a información referida os contidos, traballos, exames, etc, do voso curso, nesta avaliación.
Saúdos.