DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

martes, 15 de septiembre de 2015

INICIO DO CURSO 2015-2016.

Ola a todos/as:
Benvidos/as a este novo curso 2015-2016!
Logo das vacacións de verán, agardamos comezar o curso con ilusión e gañas de afrontar, todas as materias e a Educación Física en especial, a tope.
Neste curso imos continuar co traballo que iniciamos no ano anterior, para consolidar contidos e metodoloxías, que tiveron unha boa aceptación e funcionamento.
Máis abaixo tedes, como sempre, un enlace, que empregaremos nos primeiros días de clase para introducirnos nos contidos da materia e ver o que imos traballar. Como son, as normas básicas ou a forma de obter unha calificación positiva.
Como ben sendo habitual, animamos a todo o mundo, non só alumnado, a visitar este blog e os seus contidos.
Un saúdo a todos/as. En especial ao alumnado que empeza novo!
Enlace: PRESENTACIÓN E.F.

martes, 31 de marzo de 2015

Ola a todos/as:

Comeza a 3ª avaliación e con ela damos por rematado o curso escolar. Coma sempre, esta é a máis curta, intensa e variada das tres avaliacións. Nela continuaremos coa realización de campionatos, Balonmán en 1º da ESO, Badminton en 2º da ESO, Softball en 3º da ESO e Fútbol Sala e Balonmán en 4º da ESO; tamén haberá espazo para outros contidos, como Parkour en 1º, ou Ritmos Latinos e Roda Cubana en 3º e 4º. Pero, se por algo se caracteriza este final de curso, é polas saídas. Estas están directamente relacionadas coas Actividades no Medio Natural. En relación a elas faremos: Escalada en 1º da ESO, Sendeirismo en 2º da ESO, Orientación en 3º da ESO, e unha actividade por determinar en 4º da ESO.
Coma sempre, na barra lateral, aparece un apartado, chamado 3ª avaliación, onde atoparedes toda a información necesaria nesta avaliación.
Un saúdo a todos/as.

lunes, 5 de enero de 2015

Feliz Ano a todos/as:


Comeza a 2ª Avaliación, na que continuaremos, en todos os cursos con diferentes competicións deportivas nas que pretendemos potenciar o aprendizaxe cooperativo, así como a asunción de roles dentro do noso equipo; tanto a hora de organizar a competición, como cando somos xogadores/as.
En 1º da ESO, faremos un cambio con respecto a Programación, introducindo a U.D. "Campionato do Xogo dos 10 pases", como forma de introducirnos un poco máis nos deportes colectivos, antes de afrontar na 3ª Avaliación o Campionato de Balonmán. Tamén veremos as Danzas do Mundo nesta avaliación.
En 2º da ESO, o campionato será de Baloncesto. Tendo en conta que, na 1ª Avaliación, traballamos o Atletismo, pasamos agora a organizar un campionato dun deporte colectivo. Tamén faremos Bailes de Salón: Vals, Rumba, Cha-cha-cha...
En 3º da ESO, probaremos un deporte novo e pouco coñecido, o Ultimate. Trátase dun deporte de equipo, sen contacto nin árbitros; no que dous equipos enfŕontanse, co fin de, mediante pases, atrapar un disco volador detrás da liña de gol do outro equipo. Tamén faremos Acrosport.
En 4º da ESO, onde veremos a segunda parte de Acrosport, o deporte será o Touch, que é unha adapatación do Rugby, para poder practicalo a nivel escolar.
Lembrade que na barra lateral, no apartado 2ª Avaliación, tedes toda a información referida os contidos, traballos, exames, etc, do voso curso, nesta avaliación.
Saúdos.