DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

miércoles, 13 de septiembre de 2017

Ola a todos/as:
Benvidos/as a este novo curso 2017-2018!
Logo das vacacións de verán, agardamos comezar o curso con ilusión e gañas de afrontar, todas as materias e a Educación Física en especial, a tope.
Neste curso imos continuar co traballo que iniciamos no ano anterior, para consolidar contidos e metodoloxías, que tiveron unha boa aceptación e funcionamento.
Como principal novidade, dentro do Departamento de E.F., impartiremos a asignatura de Promoción de Estilos de Vida Saudables, como materia de libre configuración en 1º da ESO.
Máis abaixo tedes, como sempre, un enlace, que empregaremos nos primeiros días de clase para introducirnos nos contidos da materia e ver o que imos traballar. Como son, as normas básicas ou a forma de obter unha calificación positiva.
Como ben sendo habitual, animamos a todo o mundo, non só alumnado, a visitar este blog e os seus contidos.
Un saúdo a todos/as. En especial ao alumnado que empeza novo!
Enlace: PRESENTACIÓN E.F.

 

lunes, 10 de abril de 2017

INICIO 3ª AVALIACIÓN

Ola a todos/as: 
Este ano a terceira avaliación será máis curta do habitual. Tivemos unha segunda avaliación bastante longa e nos queda unha terceira bastante reducida. Así que teremos que axustar os contidos para non sobrecargarnos de traballo e poder chegar ao final sen problemas
Para esta última avaliación, temos preparadas unha serie de actividades para facer co noso alumnado. En primeiro ciclo, faremos actividade de escalada en 1º da ESO E sendeirismo en 2º da ESO;  e co segundo ciclo, carreiras de orientación en 3º da ESO e multiaventura en 4º da ESO.
Ademáis desto, en 1º da ESO, centrarémonos no  Balonmán e introduciremos o Parkour, en 2º da ESO no Badminton, en 3º da ESO, faremos Ritmos latinos, e en 4º da ESO, Roda Cubana e un campionato de Badminton.
Coma sempre, na barra lateral, aparece un apartado, chamado 3ª avaliación, onde atoparedes toda a información necesaria nesta avaliación.
Un saúdo a todos/as.