DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

domingo, 4 de octubre de 2020

 Ola a todos/as:
Benvidos/as a este novo curso 2020-2021!

Logo deste longo período de ausencia, imos retomar as clases presenciais e como imaxinades con bastantes cambios e medidas de seguridade. Ainda así,imos continuar co traballo que iniciamos no ano anterior, para consolidar contidos e metodoloxías, que tiveron unha boa aceptación e funcionamento.
O Departamento de E.F., continúa impartindo Promoción de Estilos de Vida Saudables, como materia de libre configuración en 2º da ESO.
Máis abaixo tedes, como sempre, un enlace, que empregaremos nos primeiros días de clase para introducirnos nos contidos da materia e ver o que imos traballar. Como son, as normas básicas ou a forma de obter unha calificación positiva.
Como ben sendo habitual, animamos a todo o mundo, non só alumnado, a visitar este blog e os seus contidos.
Un saúdo a todos/as. En especial ao alumnado que empeza novo!
Enlace: PRESENTACIÓN E.F.

martes, 14 de abril de 2020

INICIO DA TERCEIRA AVALIACIÓN (Actualizado)

Hola a todos e todas:

En primeiro lugar agardamos, como sempre, que esteades ben, tanto vós, como as vosas familias. En segundo lugar, explicar como traballaremos nesta terceira avaliación:
  1. A nota da 2ª avaliación será a que levedes ao final do curso:
    • Como sabedes nesta materia a avaliación e continua e diaria, ademáis as sesións son maiormente prácticas. No contexto actual, non podemos garantir a igualdade de oportunidades para todos, polo tanto, damos o curso por rematado. Esto supón que non veremos contidos novos.
  2. Proporemos 2 actividades semanais, unha NON AVALIABLE e outra AVALIABLE.
    • As NON AVALIABLES, son voluntarias e de reforzo. Non tedes que enviar nada que demostre que as estades a facer. Serán propostas de actividades para facer Actividade Física.
  • As AVALIABLES, deberán ser entregadas nos prazos e condicións establecidas:
    • Servirán para subir nota: poderedes subir a vosa nota final, nun máximo de 1 punto, con respecto a que tedes a día de hoxe.
    • Non son obrigatorias: Se non se fan, quedaredes coa nota que tedes a día de hoxe.
Para a semana comenzaremos coa 3ª avaliación:
  •  Daremosvos acceso ao Classroom (2º, 3º e 4º da eso) e farei visibles as primeiras actividades no EVA (1º da eso).
  • Presetaremos a temporalización das actividades por cursos (neste mesmo blog)
  • Comenzaremos co traballo, quen o queira facer.
Saúde para todos/as.

Un saúdo.

lunes, 16 de marzo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTOS DÍAS.

Hola a todos e todas.

Ante todo espero que esteades en perfecto estado e, dende o Departamento de Educación Física, agardamos que estas semanas pasen da mellor maneira posible.
Sabemos que os nosos compañeiros/as de outros departamentos vos están a enviar traballo. É importante que xestionedes correctamente todo o tempo que tedes. Dende aquí non vos imos a pedir que fagades ningún tipo de traballo teórico, pretendemos, por contra, incentivar a práctica de actividade física nesta situación tan complexa. Para elo enviaremos semanalmente e para cada curso, diferentes propostas de actividades. Evidentemente, non serán avaliables, pero si agardamos que sexan do voso agrado e que vos animedes a participar nelas.
As actividades serán colgadas, por cursos na barra lateral. Habilitarase unha pestana, similar as de 1ª ou 2ª avaliación, para que poidades acceder ás mesmas.
Para calquera dúbida podedes contactar no seguinte correo: diegocalvino@cpiaxunqueira.com.
Moito ánimo, saúde e sorte para todos e todas.
Un saúdo.

miércoles, 1 de enero de 2020

INICIO 2º AVALIACIÓN

Feliz Ano a todos/as:


Comeza a 2ª Avaliación, na que continuaremos, en todos os cursos, ben con diferentes competicións deportivas, nas que pretendemos potenciar o aprendizaxe cooperativo, así como a asunción de roles dentro do noso equipo, tanto á hora de organizar a competición, como cando somos xogadores/as; ou ben con unidades de mellora da técnica dun deporte, para afrontar con máis éxito o campionato na derradeira avaliación.
En 1º da ESO comezaremos introducindo a U.D. "Campionato do Xogo dos 10 pases", como forma de adentrarnos un poco máis nos deportes colectivos, antes de afrontar, na 3ª Avaliación, o Campionato de Balonmán. Tamén veremos as Danzas do Mundo, nesta avaliación.
En 2º da ESO, teremos unas sesións de mellora da técnica do badminton, para despois, na terceira avaliación, realizar o campionato. Tamén realizaremos a unidade de Bailes de salón.
En 3º da ESO, traballaremos a técnica do baloncesto, no mesmo sentido que o badminton en 2º. Tamén faremos Acrosport, traballando por parellas.
En 4º da ESO, onde veremos a segunda parte de Acrosport, esta vez facendo unha coreografía grupal. O deporte será o voleibol e  traballaremos aspectos técnicos para a súa mellora e así, na 3º avaliación facer un campionato.
En PEVS, a avaliación está adicada completamente aos hábitos alimenticios.
Lembrade que na barra lateral, no apartado 2ª Avaliación, tedes toda a información referida os contidos, traballos, exames, etc, do voso curso, nesta avaliación.
Saúdos.