DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

miércoles, 25 de abril de 2012

ELIMINACIÓN DAS NOTAS

Por petición popular, non publicaremos nunca máis neste espazo, as notas do alumnado de Educación Física. Se queredes coñecer todos os vosos resultados, próximamente estarán colgados no corcho do ximnasio, para que así poidades comprobar se estades avaliados/as correctamente.
Agardamos que en próximos cursos poidamos facer públicas as calificacións por outros medios máis seguros (aula virtual, onde cada un terá unha clave para acceder os seus datos).
Cando, nun principio, decidimos colgar as notas neste blog, foi  por facer máis accesible a información a pais/nais/titores/as e alumnado en xeral. En ningún momento, pretendimos crear pólemica ou controversia de ningún tipo. Se causamos calquera tipo de molestias, pedimos disculpas e admitimos o noso erro: sentímolo moito, equivocámonos e non volverá a acontecer.
Saúdos a todos/as.