DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

domingo, 1 de abril de 2018

Ola a todos/as: 
Comenza a terceira avaliación que, estará cargada de diversas actividades e contidos, agaradamos moi interesantes.
Para esta última avaliación, temos preparadas unha serie de actividades para facer co noso alumnado. En primeiro ciclo, faremos actividade de escalada en 1º da ESO E sendeirismo en 2º da ESO;  e co segundo ciclo, carreiras de orientación en 3º da ESO e multiaventura en 4º da ESO.
Ademáis desto, en 1º da ESO, centrarémonos no Campionato de Balonmán e introduciremos o Parkour, en 2º da ESO no  Campionato de Badminton e Xogos Colaborativos, en 3º da ESO, faremos un campionato de Baloncesto e Actividades de Orientación, e en 4º da ESO, Roda Cubana e un campionato de Voleibol.
Coma sempre, na barra lateral, aparece un apartado, chamado 3ª avaliación, onde atoparedes toda a información necesaria nesta avaliación.
Un saúdo a todos/as.