DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

miércoles, 6 de enero de 2016

INICIO DA 2ª AVALIACIÓN

Feliz Ano a todos/as:


Comeza a 2ª Avaliación, na que continuaremos, en todos os cursos con diferentes competicións deportivas nas que pretendemos potenciar o aprendizaxe cooperativo, así como a asunción de roles dentro do noso equipo; tanto á hora de organizar a competición, como cando somos xogadores/as.
En 1º da ESO comezaremos introducindo a U.D. "Campionato do Xogo dos 10 pases", como forma de adentrarnos un poco máis nos deportes colectivos, antes de afrontar na 3ª Avaliación o Campionato de Balonmán. Tamén veremos as Danzas do Mundo nesta avaliación.
En 2º da ESO, o campionato será de Baloncesto. Tendo en conta que, na 1ª Avaliación, traballamos o Atletismo, pasamos agora a organizar un campionato dun deporte colectivo. Tamén faremos Bailes de Salón: Vals, Rumba, Cha-cha-cha...
En 3º da ESO, probaremos un deporte novo e pouco coñecido, o Ultimate. Trátase dun deporte de equipo, sen contacto nin árbitros; no que dous equipos enfŕontanse, co fin de, mediante pases, atrapar un disco volador detrás da liña de gol do outro equipo. Tamén faremos Acrosport.
En 4º da ESO, onde veremos a segunda parte de Acrosport, o deporte será o Touch, que é unha adapatación do Rugby, para poder practicalo a nivel escolar.
Lembrade que na barra lateral, no apartado 2ª Avaliación, tedes toda a información referida os contidos, traballos, exames, etc, do voso curso, nesta avaliación.
Saúdos.