DESCRIPCIÓN

Trátase dun blog, que como o seu nome indica, pretende ser unha ferramenta, tanto para o profesor, coma o alumnado, centrado nos contidos da materia de Educación Física no CPI A Xunqueira de Fene.

martes, 31 de marzo de 2015

Ola a todos/as:

Comeza a 3ª avaliación e con ela damos por rematado o curso escolar. Coma sempre, esta é a máis curta, intensa e variada das tres avaliacións. Nela continuaremos coa realización de campionatos, Balonmán en 1º da ESO, Badminton en 2º da ESO, Softball en 3º da ESO e Fútbol Sala e Balonmán en 4º da ESO; tamén haberá espazo para outros contidos, como Parkour en 1º, ou Ritmos Latinos e Roda Cubana en 3º e 4º. Pero, se por algo se caracteriza este final de curso, é polas saídas. Estas están directamente relacionadas coas Actividades no Medio Natural. En relación a elas faremos: Escalada en 1º da ESO, Sendeirismo en 2º da ESO, Orientación en 3º da ESO, e unha actividade por determinar en 4º da ESO.
Coma sempre, na barra lateral, aparece un apartado, chamado 3ª avaliación, onde atoparedes toda a información necesaria nesta avaliación.
Un saúdo a todos/as.